Queres vivir no Casco Vello?

Dende a súa creación no 2005 e ata hoxe, o Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- adquiriu numerosos inmobles no barrio histórico, dos cales moitos xa están totalmente rehabilitados.

Moitas novas familias apostaron xa pola zona antiga e residen nas súas vivendas dos edificios recuperados nas rúas Real, Abeleira Menéndez, Cruz Verde, Santiago, San Sebastián, Hortas e Ferraría

Para poder optar as vivendas rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) o aspirante ten que estar inscrito previamente no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia no apartado de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, na casiña de compra.

VIVENDAShttps://consorciocascovellovigo.org/vivenda/