LOCAIS EN FASE DE CONCURSO

Queres xestionar o teu propio negocio?

O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) busca tamén novos emprendedores que queiran trasladar ou iniciar a súa actividade empresarial no barrio histórico e que formen parte, así, da revitalización e recuperación da zona vella.

O Consorcio conta con locais comerciais en aluguer que pon a disposición dos emprendedores con importantes vantaxes e bonificacións durante os dous primeiros anos de arrendamento.

As persoas interesadas nos locais comerciais rehabilitados polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) teñen que presentar nas oficiñas do organismo -na Praza da Princesa, número 7, 1º dereita, no horario de 9-14 horas, de luns a venres,- unha memoria detallada do proxecto empresarial a desenvolver.

Durante os dous primeiros anos de arrendamento o adxudicatario contará cun desconto do 50% do seu prezo. O contrato de aluguer terá unha duración máxima de 5 anos, cunha opción de compravenda transcorrido un ano dende o efectivo desenvolvemento da actividade a desempeñar.

1- LOCAIS CON ACTIVIDADE  EMPRESARIAL

2. LOCAIS DISPOÑIBLES