Consorcio Casco Vello

Aprobado o prego técnico de Subida a Costa 5

O Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo, presidido por Ignacio López-Chaves, aprobou o prego de condicións técnicas para a posta en marcha da rehabilitación do edificio situado na rúa Subida a Costa 5, na zona alta do barrio histórico vigués, que dará lugar a unha vivenda e un local comercial.

López-Chaves visita os últimos cinco locais ofrecidos en aluguer no Casco Vello

Un estudo de arquitectura, unha enxeñería, unha academía infantil, a Fundación Amigos dos Maiores e un taller de costura son os novos locais comerciais da zona alta do Casco Vello. López-Chaves destacou que o obxectivo do Consorcio é “revitalizar” o casco histórico da cidade con novas familias e tamén con actividades profesionais O delegado territorial […]

CONCEDIDA A LICENZA URBANÍSTICA PARA A PROMOCIÓN “SUBIDA A COSTA, 5”

A Concellería de Urbanismo do Concello de Vigo acaba de outorgar licenza de reestruturación para iniciar o proceso de rehabilitación dunha nova vivenda do barrio histórico vigués, en concreto a situada na rúa Subida a Costa, 5. A licenza autoriza ao Consorcio Casco Vello a reestruturación deste edificio para xerar  unha vivenda situada en planta […]

Consorcio Casco Vello de Vigo: nove anos cun único fin (parte II de II)

Unha vez se terminen os traballos de rehabilitación das edificacións, as vivendas resultantes, ao estar calificadas como Vivendas de Protección Autonómica (VPA), outórganse a través do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda. O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) puxo en marcha catro sorteos para outorgar as 64 vivendas rehabilitadas ata o momento.

Un repaso ao ano que remata

Remata o ano e con el chegan os resumes anuais de multitude de acontecementos. Nós queremos voltar tamén a vista atrás para comprobar o que deu de si este 2013 e todo o que virá no 2014. O ano comezaba coa noticia da bonificación dun 20% no aparcadoiro do Berbés para os propietarios e residentes […]

Facebook