Un paso previo importante: a inscrición no Rexistro Unico de Demandantes de Vivenda.

Nos próximos meses está prevista a finalización de varias novas promocións do Consorcio Casco Vello de Vigo e a súa venda a aquelas persoas que resulten adxudicatarias no sorteo que a Xunta de Galicia levará a cabo entre todos os interesados.  Este procedemento administrativo, destinado a garantir a transparencia e a equidade na adxudicación das vivendas, ten sempre, salvo contadas excepcións,  un primeiro paso que todos os interesados deben dar: a inscrición no REXISTRO UNICO DE DEMANDANTES  DE VIVENDA da Xunta de Galicia.

Aquí podes acceder ao formulario necesario para realizar este trámite, pero ten en conta que en función das túas circunstancias persoais e familiares é posible que a Administración solicite algún tipo de documentación complementaria, polo que che recomendamos que non o deixes para última hora. Se xa realizaches esta inscrición ten en conta tamén que a súa validez é de tres anos, polo que talvez convéñache revisar a data en que o presentaches. Así mesmo, se se produciu algunha variación nas condicións persoais ou económicas indicadas no  momento da inscrición deberás comunicarllo á Administración.

Unha cuestión importante se o teu interese céntrase na adquisición de vivendas promovidas polo Consorcio Casco Vello é que na sección de SELECCIÓN DE VIVENDA PROTEXIDA debes marcar a casiña de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, e o  réxime de Compra. Comproba o resto dos apartados e opcións antes de presentar o impreso, o que podes levar a cabo ben electrónicamente ou en calquera dos puntos de rexistro admitidos pola Xunta.

Esta ligazón levarache á páxina web do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), o organismo da Xunta que se ocupa deste proceso, na cal podes consultar todas as cuestións e dúbidas que poidan xurdir.  Así mesmo, o persoal de atención ao público das distintas sedes do IGVS – relacionadas ao final da anterior ligazón- pódevos asesorar neste e calquera outro trámite relativo á concesión das VPA ou VPP.

Imaxe dunha vivenda rehabilitada polo CCVV.

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter