Personaxes

Ideas de Percebe, creadores de ideas no Casco Vello

Nun primeiro momento Alberto Badía, Carlos Martí e Lisi González dubidaron en chamarse Ideas de Suicidas, pero finalmente gañou Ideas de Percebe, unha axencia de deseño creativo que, desde principios deste mes de xuño, opera no número 8 da rúa San Sebastián, noutro dos locais comerciais rehabilitados polo Consorcio Casco Vello de Vigo

Oruga Express, fotografías en continua aprendizaxe desde o Casco Vello

“A oruga é o paso previo á crisálide e logo ven a bolboreta”. Baseado nesta frase, Perfecto Rueda elixiu nomear o seu establecemento de fotografía, sito no número 19 da rúa Santiago, Oruga Express. Segundo sinala, é, precisamente, o que lle permite estar “en continua aprendizaxe”.

Torrado&Fernández Arquitecto, no Casco Vello dende hai 13 anos

Juan Carlos Torrado (arquitecto) e Ricardo Méndez (delineante), ou o que é o mesmo, Torrado&Fernández Arquitecto, son vellos coñecidos no barrio histórico onde levan asentados dende 2002, primeiro na rúa Abeleira Menéndez e, agora, nun dos locais rehabilitados polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) na rúa Santiago, concretamente, no número 15.

A Horta de Abeleira convídanos a comer san sendo responsables coa nosa terra

Atópase no número 13-15 da irrecoñecible rúa Abeleira Menéndez, onde dun tempo para acó foron aflorando novos establecementos que nada teñen que ver coa zona deteriorada de hai algúns anos. Tras falar neste blog de A Tenda do Avó, Matina ou JT Photo Gallery hoxe tócalle a quenda a A Horta de Abeleira.

Javier Teniente: “A zona con máis encanto da cidade é o noso Casco Vello e a miña galería de arte tiña que estar aquí”

Non necesita presentación na nosa cidade. O fotógrafo Javier Teniente ten sobre as súas costas unha dilatada traxectoria profesional e, desde hai preto de dous anos, comparte o mellor da mesma na súa galería de arte, un sorprendente espazo artístico emprazado en pleno Casco Vello

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter