Abeleira Menéndez, o esplendor feito rúa no Casco Vello Alto

Uns dos primeiros inmobles rehabilitados en Abeleira Menéndez, e prácticamente en todo o Casco Vello Alto, corresponde ao número 11, onde se traballou nunha vivenda que quedou rematada no ano 2009 e que formou parte do primeiro sorteo do IGVS.

Case 60 metros cadrados, xunto cun local comercial do que vos falaremos máis adiante, que marcaban o comezo dunha nova época para o barrio histórico de Vigo.

Casco Vello Vigo

Casco Vello Vigo

Ao ano seguinte, no 2010, completábase outra rehabilitación nesta rúa da parte alta do Casco Vello, concretamente no número 13-15.

Casco Vello Vigo

Casco Vello Vigo

Coas novas vivendas e os novos locais rehabilitados, Abeleira Menéndez comezaba xa a respirar o cambio. Pero aínda quedaba moito traballo que facer e moitos inmobles nos que seguir traballando.

A proba disto foi palpable no segundo sorteo do IGVS, cando saíron á luz novos inmobles cuxo cambio foi tan espectacular que era case irrecoñecibles. O número 24-26, rematado no 2009:

Casco Vello Vigo

Casco Vello Vigo

E o número 18-20, rematado no 2010:

Casco Vello Vigo

Casco Vello Vigo

Pero, ademais de novos habitantes, tamén se trasladaron ao barrio comerciantes que decidiron apostar pola recuperación, axudando coa súa presenza e activando o pequeno comercio no centro histórico.

Para atopar productos galegos artesáns, podedes acercarvos ao número 11 de Abeleira Menéndez. Alí está, desde fai dous anos, A Tenda do Avó, con Montserrat Freire á cabeza.

Casco Vello Vigo

De comida saudable vai a cousa, xa que no número 15, Yolanda Castaño, en A Horta de Abeleira, convídanos a comer san día a día cos seus produtos ecolóxicos.

Casco Vello Vigo

Pero se en lugar de ir mercar alimentos preferides desfrutalos nun bazar cheo de arte, non dubidedes en visitar Matina, no número 26 da mesa rúa. Manuel Estévez e Alicia e Tomás Carrera estarán encantados de recibirvos. 

Casco Vello Vigo

E para percorrer mundo sen movervos do Casco Vello, na JT Photo Gallery poderedes desfrutar das instantáneas de Javier Teniente, quen non dubidou un instante en instalarse no barrio en canto soubo que o Consorcio Casco Vello de Vigo ía poñer no mercado os primeiros locais rehabilitados.

O rexurdir da zona está chamando pouco a pouco a que sexan máis os que se animen a abrir os seus negocios no centro histórico. Así, dentro de pouco contaremos cunha oficina técnica de aparellador no número 24.

Como vedes, grazas ao esforzo de todos, Abeleira Menéndez estase a converter nun punto álxido do Casco Vello Alto, cunha nova vida máis alá do que era antano.

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter