Illas Cíes: de mitos e lendas

As Illas Cíes son un dos maiores tesouros que alberga a ría de Vigo. Tanto é a súa beleza, que os romanos acabaron por denominala ‘A illa dos deuses’.

O arquipélago de Cíes está formado por tres illas: Monte Agudo, O Faro e San Martiño. As dúas primeiras están unidas entre si pola praia de Rodas, elixida mellor praia do mundo por The Guardian.

Son moitas as lendas que percorren a súa historia, e neste post vamos a intentar aclarar algunhas delas.

Nun primeiro lugar, temos que dicir que se atoparon restos arqueolóxicos que datan a presenza humana nas illas sobre o 3500 a.C., aínda que os restos do primeiro asentamento humano do que se ten constancia datan da Idade de Ferro.

A lenda sitúa a Julio César nas illas Cíes na súa persecución dos pobos Herminios, de Portugal, que tiveron que navegar ata o arquipélago na súa fuxida das tropas do Imperio.

Dise tamén que no 61 a.C. Julio César e os pobos romanos tiveron un enfrontamento porque estes últimos lanzaban incursións de saqueo contra a zona romanizada da Bética. Cando Julio César someteu aos que se levantaban en armas, os das rexións colindantes fuxiron cara as illas. Parece ser que os lusitanos conseguiron defenderse nas illas ata que Julio César mandou levar unha barcaza de Gades e atravesou a ría con todo o exército e, sen loita, someteu a todos.

Durante a Idade Media as illas estiveron habitadas por distintas comunidades relixiosas, coma os benedictinos ou os franciscanos. Desta ocupación quedan os conventos de San Estevo (na illa do Faro) e San Martiño, así como unha fábrica de salazón. Estes monxes, que mantiveron un réxime feudal cos habitantes das illas, estaban continuamente escapando dos ataques normandos á Ría de Vigo. Os piratas tunecinos, turcos e a armada inglesa acabaron por expulsar ós habitantes, que comezaron a abandoar o arquipélago a mediados do s. XVIII.

A súa repoboación é outro tema que abordaremos noutro post ;)

 

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter