Que servizos podes atopar nos locais rehabilitados polo Consorcio?

O Consorcio Casco Vello de Vigo leva a cabo un importante labor rehabilitador do barrio histórico de Vigo. Isto implica a rehabilitación de edificios para habilitar vivendas e traer novas familias ao barrio, pero tamén habilitar locais comerciais para que acudan ao Casco Vello novos comerciantes que axuden a dinamizalo.

Eses comerciantes serán os protagonistas dos nosos próximos artículos que iremos publicando neste blog e que agruparemos en función da súa actividade: servizos, creatividade e ecoloxía e gastronomía.

Hoxe tocalle o turno á parte de servizos: imos falarvos de Torrado&Fernández Arquitectos; Espacio Nido; Cal, construcciones y servicios; Alexo, enxeñería de edificación; Hermes Sistemas e Bertana Enxeñería.

Torrado&Fernández Arquitectos

Torrado&Fernández Arquitectos son Juan Carlos Torrado e Ricardo Méndez, arquitecto e delineante, respectivamente. Levaban traballando desde o ano 2002 nun local de Abeleira Menéndez, pero decidiron mudarse ao número 15 da rúa Santiago cando coñeceron a oferta de baixos comerciais do Consorcio Casco Vello de Vigo.

Eles foron uns dos primeiros comerciantes e emprendedores que decidiron apostar polo barrio e polo labor rehabilitador do Consorcio.Casco Vello Vigo

Espacio Nido

O espazo de coworking Espacio Nido foi o primeiro deste tipo en nacer en Vigo. Os seus artífices, Alberto Cebral, Iria Rivas, Ramón Viéitez e Noemí Díaz instaláronse nun primeiro lugar na rúa Méndez Núñez, pero desde o 2014 operan na rúa Ferrería, concretamente nos números 25, 27 e 29, tres locais rehabilitados polo Consorcio.

Ofrecen as súas instalacións a emprendedores e á cidadanía, en xeral, que necesiten un espazo para eventos culturais, reunións e distintas iniciativas que encaixen na súa filosofía. Ademais, tamén levan a cabo diferentes actividades que podedes consultar na súa web.Casco Vello Vigo

Cal, construcciones y servicios

Juan Ramón Cal é o xerente de Cal, construcciones y servicios, empresa que atoparedes no número 31 da rúa Ferrería. Ademais de estar instalada no Casco Vello, esta empresa de reformas e servizos tamén executou moitos proxectos no barrio.

Juan Ramón traballa con Sebastián Torres, o arquitecto da empresa e ambos están a formar parte da rehabilitación do barrio histórico de Vigo.Casco Vello Vigo

Alexo, enxeñería de edificación

Alejandro Martínez García está detrás desta enxeñería que se sitúa no número 24 de Abeleira Menéndez. Este arquitecto técnico colexiado pola Universidade da Coruña decidiu apostar tamén pola recuperación do barrio instalándose nel.

Conta cunha ampla traxectoria profesional: desde director de obra a coordinador de seguridade e saúde, pasando por realizar deseños industriais ou proxectos de sustentabilidade.

Hermes Sistemas

Hermes Sistemas é unha empresa pertencente ao sector TIC que naceu co obxectivo de facilitar ás empresas e organismos públicos a adaptación ás novas tecnoloxías. Están especializados en seguridade telemática, en sistemas TIC e en certificacións de seguridade.

Hermes Sistemas tamén apostou pola rehabilitación do Casco Vello e desempeña o seu labor no número 5 de Cruz Verde.

Bertana Enxeñería

En San Sebatián, 6 atópase Bertana Enxeñería, unha das últimas empresas que apostou polo Casco Vello e trasladou a súa actividade ao barrio.

Levan operando na cidade desde 1999, polo que contan cunha gran experiencia tanto a nivel empresarial como a nivel persoal grazas aos profesionais cos que traballan. De feito, fundamentan a súa capacidade profesional no seu equipo humano, que está composto por técnicos multidisciplinares con moitos anos de experiencia en diversos proxectos e áreas de actuación.

Estamos seguros de que lle esperan moitos anos máis de traballo como novos veciños do barrio.Casco Vello Vigo

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter