Casco Vello

O presidente do consorcio supervisou as obras de Ferrería 10-12

O presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo, Ignacio López-Chaves, realizou hoxe, 21 de xullo de 2016,  unha visita ás obras da rehabilitación que este organismo está a realizar nos números 10 e 12 da rúa Ferrería, na zona alta do barrio histórico vigués. Os técnicos a cargo da execución do proxecto explicaron ao responsable […]

López-Chaves visita os últimos cinco locais ofrecidos en aluguer no Casco Vello

Un estudo de arquitectura, unha enxeñería, unha academía infantil, a Fundación Amigos dos Maiores e un taller de costura son os novos locais comerciais da zona alta do Casco Vello. López-Chaves destacou que o obxectivo do Consorcio é “revitalizar” o casco histórico da cidade con novas familias e tamén con actividades profesionais O delegado territorial […]

A “Colexiata” faise bicentenaria

  O 25 de xuño de 1816 levouse a cabo a cerimonia de colocación da primeira pedra dun dos edificios máis significativos do Casco Vello: a Concatedral de Santa María de Vigo, habitualmente coñecida na cidade como “A Colexiata”. O longo e tortuoso proceso de execución desta obra, habitual en edificios desta envergadura, e máxime […]

“Ferrería 45-47” , conservar para actualizarse

  Finalizadas as fases de derriba e consolidación de elementos estruturais a respectar, as obras da promoción “Ferrería 45-47” que o Consorcio CascoVello de Vigo realiza nesta emblemática rúa  proseguen a bo ritmo. O obxectivo é finalizar esta actuación, que supón un investimento de 670.000 €, a finais de este mesmo ano. A rehabilitación supón […]

Casco Vello Vigo
Casco Vello Vigo
Casco Vello Vigo

Que servizos podes atopar nos locais rehabilitados polo Consorcio?

O Consorcio Casco Vello de Vigo leva a cabo un importante labor rehabilitador do barrio histórico de Vigo. Isto implica a rehabilitación de edificios para habilitar vivendas e traer novas familias ao barrio, pero tamén habilitar locais comerciais para que acudan ao Casco Vello novos comerciantes que axuden a dinamizalo.

Casco Vello Vigo
Casco Vello Vigo
Casco Vello Vigo
O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter