Fachadas e medianeiras

e-struc-calculo-estructuras-refuerzo-forjado-madera-0111

Fachadas e medianeiras actúan como soportes dos pisos de madeira.

Os edificios tradicionais que forman a maior parte dos cascos antigos das cidades e vilas galegas, e como non os do Casco Vello de Vigo, están construídos con potentes muros de pedra que forman as medianeiras (muros entre edificios) e as fachadas (muros con orientación a rúas e zonas abertas). Son os soportes dos edificios e normalmente nelas apoiábanse as estruturas de madeira (trabes e pontones) que soportan os pisos e os tellados. Estes muros, construídos con pedras de distintos tamaños e disposición segundo o tipo de vivenda, ás veces reforzados con cal ou excepcionalmente formado exclusivamente por grandes pedras talladas, son a parte visible e caracterizadora destes edificios.

 

Solucións non agresivas

Fachadas e medianeiras son a parte estrutural dunha construción polo que abrir novos ocos ou rozalos para introducir novos elementos significa danar a súa solidez e prexudicar á súa estabilidade polo que á hora de realizar melloras deben respertarse a súa integridade sen alteralos, buscando solucións construtivas que permitan introducir novos servizos e instalacións dunha forma non agresiva.

Ferrería San Sebastián

As modificacións das fachadas deben estar plenamente xustificadas para garantir a integración de novos servizos.

 O réxime de ocos na fachada é acentuadamente vertical: ocos estreitos, frecuentemente recercados con pedras de maior tamaño que permiten mellor articulación e encaixe da porta ou a xanela;o antepecho ou zócalo que serve de base á de xanela adoita ter menor espesor que o muro de cerramento, estar formado por pezas pétreas, de maior lonxitude e altura o que permite un menor espesor que a obra de mampostería e por tanto mellor accesibilidade desde o interior.

ventana-enresada-3

Fachada co tradicional revoco das vilas galegas

 

 Nos últimos anos desenvolveuse una certa moda que propiciou deixar á vista pedras e mampostería, privando ás fachadas dos revocos que tradicionalmente a recubrían. Non obstante os expertos consideran que eses revocos constitúen a mellor protección das fachadas, dadas as súas propiedades de elasticidade e impermeabilidade, e recoméndase o seu mantemento na medida do posible. No caso de que desexe pintarse esta cuberta, que tradicionalmente era unha mestura de cal e area, débense utilizar pinturas que permitan “respirar” ás paredes conservando así as súas propiedades.

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter