Arquitectura e rehabilitación

As galerías (V)

As galerías acristaladas, un dos elementos máis distintivos da arquitectura urbana en Galicia, é o quinto elemento analizado na serie de artigos que dedicamos a aqueles recursos que se deben considerar prioritarios á hora de rehabilitar unha vivenda nunha zona histórica como o Casco Vello de Vigo.

As revocaduras (IV)

A cuarta entrega da serie de artigos que dedicamos aos elementos construtivos que se pretenden conservar ao plantearse a rehabilitación do Casco Vello dedícase ás revocaduras. O “Manual de boas prácticas de rehabilitación”, editado pola Xunta de Galicia, defíneas como recubrementos realizados basicamente con cal (ou cemento), area e auga cunhas proporcións entre estes elementos […]

As Lareiras, calor de fogar (III)

Un dos elementos máis distintivos da vivenda tradicional galega son as Lareiras, o que as converte en obxecto de especial protección á hora de plantear calquera actuación de rehabilitación. Nesta terceira entrega sobre os elementos a conservar nos plans de rehabilitación do Casco Vello de Vigo profundamos na súa estrutura e función.

Casco Vello Vigo

Fachadas e medianeiras

Esta nova entrega sobre os elementos para conservar no momento de exporse a rehabilitación dun edificio nun Casco Antigo analiza a función das fachadas e medianeiras, destacando o seu carácter estrutural e a necesidade de conservalas no seu estado orixinal na medida do posible.

A Fiestra Enrasada, todo un redescubrimiento

Comezamos con este artigo sobre as fiestras enrasadas unha serie que pretende dar a coñecer aqueles elementos que contribuíron a singularizar os barrios históricos das cidades galegas, entre os que se atopa obviamente o Casco Vello de Vigo. O obxectivo é explicar a súa orixe, funcionamento e as razóns que fan recomendable a súa conservación.

Así e a promoción Ferrería 45-47

A promoción Ferrería 45-47 impulsada polo Consorcio Casco Vello de Vigo,e cuxa conclusión está prevista para principios de 2017, para entrar posteriormente na seguinte fase de concurso de VPA,  ten como obxectivo a reestruturación destes dous edificios para dar lugar a catro vivendas unifamiliares e un local comercial. Como notas distintivas do proxecto realizado, pola […]

Cruz Verde 8 xa ten a súa licenza de edificación

O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) acaba de obter licenza de edificación para a posta en marcha da rehabilitación do edificio situado na rúa  Cruz Verde 8, no barrio histórico vigués.  Esta promoción supoñerá a creación dunha vivenda de tres dormitorios , con oficina  anexa , e unha superficie total a construír de 151,65 […]

“Ferrería 45-47” , conservar para actualizarse

  Finalizadas as fases de derriba e consolidación de elementos estruturais a respectar, as obras da promoción “Ferrería 45-47” que o Consorcio CascoVello de Vigo realiza nesta emblemática rúa  proseguen a bo ritmo. O obxectivo é finalizar esta actuación, que supón un investimento de 670.000 €, a finais de este mesmo ano. A rehabilitación supón […]

Foto: Héctor Sánchez Díez.
O novo Casco Vello de Vigo
 

Facebook

Twitter