Queres vivir no Casco Vello?

Dende a súa creación no 2005 e ata hoxe, o Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- adquiriu un total de 64 inmobles no barrio histórico, dos cales 32 xa están totalmente rehabilitados.

Máis de 60 novas familias apostaron xa pola zona antiga e xa residen nas súas vivendas dos edificios recuperados nas rúas Real, Abeleira Menéndez, Cruz Verde, Santiago, San Sebastián, Hortas e Ferraría

Para poder optar as vivendas rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) o aspirante ten que estar inscrito previamente no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia no apartado de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, na casiña de compra.

1- ADXUDICACIÓN DIRECTA (3 vivendas)

2- SORTEADAS XA POLO IGVS (12 vivendas)

3- SE SORTEARÁN NUN FUTURO PRÓXIMO POLO IGVS (10 vivendas)


1-ADXUDICACIÓN DIRECTA (3 vivendas)

O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) conta na actualidade cun total de 3 pisos rehabilitados na parte alta do barrio antigo que se atopan baleiros e que poden adxudicarse xa de xeito directo, logo de superarse os prazos establecidos legalmente.

As 3 Vivendas de Protección Autonómica (VPA) dispoñibles son as seguintes:

Santiago, 19
1º: 1 dormitorio e superficie útil de 66,1 m2.Prezo actual: 92.190,99€ (sen IVE). Prezo anterior: 117.242,89€.Aforro:  máis de 25.000€.
Ir a promoción  Santiago, 19

Cuarteirón Ferraría San Sebastián: Ferraría 11-13-15-17/San Sebastián 1-3-5-7)
Baixo B: 1 dormitorio e superficie útil de 59,5 m2.Prezo actual: 82.985,84€ (sen IVE). Prezo anterior: 105.536,34€.Aforro: máis de 22.500€.
Ir a promoción:  cuarteirón Ferraría San Sebastián: Ferraría 11-13-15-17/San Sebastián 1-3-5-7.

Canellón do Estreito, 12
1ºA: 1 dormitorio e superficie útil de 61,60 m2.
Prezo actual: 85.914,75€ (sen IVE). Prezo anterior: 111.300,93€
Aforro: máis de 25.300€.
Ir a promoción:  Canellón do Estreito, 12.

2-SORTEADAS XA POLO IGVS (12 vivendas)

O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) segue adiante co proceso aberto de adxudicación dun total de 12 Vivendas de Protección Autonómica (VPA) e sorteadas durante un sorteo levado a cabo polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), celebrado o pasado 17 de setembro.

As 12 VPA xa sorteadas son a seguintes:

Ferraría 25-27-29-31 (6 vivendas):
1ºA: 2 dormitorios, 56,81 m2: Prezo: pasa dos 100.765,03 euros de antes aos 79.234,04 euros de agora. Aforro: máis de 21.500 euros.
2ºD: 2 dormitorios, 60,71 m2. Prezo: pasa dos 107.682,54 euros de antes aos 84.673,45 euros de agora. Aforro: máis de 23.000 euros.
1ºB: 3 dormitorios, 116,55 m2. Prezo: pasa dos 206.727,07 euros de antes aos 162.554,62 euros de agora. Aforro: máis de 44.000 euros.
1ºC: 2 dormitorios, 65,68 m2. Prezo: pasa dos 116.497,93 euros aos 91.605,21 euros de agora. Aforro: máis de 24.600 euros.
2ºE: 2 dormitorios, 73,14 m2. Prezo: pasa dos 129.729,88 euros aos 102.009,82 euros de agora. Aforro: máis de 27.700 euros.
Vivenda F (dúplex) (*): 2 dormitorios, 65,56 m2. Prezo: pasa dos 116.285,08 euros aos 91.437,84 euros de agora. Aforro: máis de 24.800 euros.

Canellón do Estreito, 12 (2 vivendas):
1ºA: 1 dormitorio, 62,75 m2. Prezo: pasa dos 111.300,93 euros aos 87.518,68 euros de agora. Aforro: máis de 23.700 euros.
1ºB: 2 dormitorios, 92,57 m2. Prezo: pasa dos 164.193,26 euros aos 129.109,23 euros de agora. Aforro: máis de 35.000 euros.

Ferrería 33-35 (4 vivendas)

1ºA: 1 dormitorio, 47,25 m2. Prezo: pasa dos 88.808,27euros aos 65.900,52 euros de agora. Aforro: más de 22.900 euros.
1ºB: 1 dormitorio, 46,85 m2. Prezo: pasa dos 83.098,78 euros aos 65.342,63 euros de agora. Aforro: máis de 17.700 euros.
2ºA: 3 dormitorios, 88,35 m2. Prezo: pasa dos 156.708,16 euros aos 123.223,51 euros de agora. Aforro: máis de 33.400 euros.
2ªB: 3 dormitorios, 84,28 m2. Prezo: pasa dos 149.489,12 euros aos 117.547,00 euros de agora. Aforro: máis de 31.900 euros.

3-SE SORTEARÁN NUN FUTURO PRÓXIMO POLO IGVS (10 vivendas)

O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) continúa na actualidade coas obras de rehabilitación da promoción San Sebastián 4-6/Subida ao Castelo 5-7 e os pisos que sairán tras a súa rehabilitación serán sorteadas nun futuro próximo polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

As 10 VPA que serán sorteadas polo IGVS ao longo de 2014 son a seguintes:

San Sebastián 4-6/Subida ao Castelo 5-7 (10 vivendas)
1 vivenda baixo A:  1dormitorio, 46,24 m2 útiles.
1 vivenda baixo B: 1 dormitorio, 46,24 m2 útiles.
1 vivenda 1ºA:  2 dormitorios, 59,16 m2 útiles.
1 vivenda 1ºB:  1 dormitorio, 56,13 m2 útiles.
1 vivenda 1ºC: 2 dormitorios, 67,66 m2 útiles.
1 vivenda 1ºD: 2 dormitorios, 67,66 m2 útiles.
1 vivenda 2ºA: 2 dormitorios, 59,16 m2 útiles.
1 vivenda 2ºB: 1 dormitorio, 56,13 m2 útiles.
1 vivenda 2ºC: 2 dormitorios, 68,20 m2 útiles.
1 vivenda 2ºD: 2 dormitorios, 67,70 m2 útiles.

Queres xestionar o teu propio negocio?

O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) busca tamén novos emprendedores que queiran trasladar ou iniciar a súa actividade empresarial no barrio histórico e que formen parte, así, da revitalización e recuperación da zona vella.

O Consorcio conta con locais comerciais en aluguer que pon a disposición dos emprendedores con importantes vantaxes e bonificacións durante os dous primeiros anos de arrendamento.

As persoas interesadas nos locais comerciais rehabilitados polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) teñen que presentar nas oficiñas do organismo -na Praza da Princesa, número 7, 1º dereita, no horario de 9-14 horas, de luns a venres,- unha memoria detallada do proxecto empresarial a desenvolver.

Durante os dous primeiros anos de arrendamento o adxudicatario contará cun desconto do 50% do seu prezo. O contrato de aluguer terá unha duración máxima de 5 anos, cunha opción de compravenda transcorrido un ano dende o efectivo desenvolvemento da actividade a desempeñar.

1- LOCAIS QUE ABRIRÁN PROXIMAMENTE

2- LOCAIS CON ACTIVIDADE  EMPRESARIAL

1- LOCAIS QUE ABRIRÁN PROXIMAMENTE

Cruz Verde, 5, baixo dereita
Empresa Hermes Sistemas S. L.

Ferrería, 17
Obrador de pan

Real, 25
Despacho de pan

Abeleira Menéndez 18-20
Actualmente atópase en proceso de adxudicación

2- LOCAIS CON ACTIVIDADE  EMPRESARIAL

A Tenda do Avó, establecemento de produtos de proximidade
(Aeleira Menéndez, 11)

JT Photo Gallery, galería de arte e fotografía
(Abeleira Menéndez, 13)

Torrado&Fernández, estudio de arquitectura
(Santiago, 11, baixo esquerda)

Editorial Elvira, espazo cultural
(Santiago, 11, baixo dereita)

Oruga Express, tenda de fotografía
(Santiago, 19)

A Horta de Abeleira, produtos ecolóxicos
(Abeleira Menéndez, 15)

Matina, bazar e espazo cultural con produtos de cercanía.
(Abeleira Menéndez, 24)

Espacio Nido, empresa de coworking.
(Ferraría 25-27-29)

Oficina técnica de aparellador
(Abeleira Menéndez, 24)

Empresa especializada en reformas
(Ferraría, 31)

Ideas de Percebe, axencia de deseño creativo
(San Sebastián, 8)

La Rocka, Tenda de roupa punk
(Ferrería, 33)