O IGVS adxudica a 18 familias outras novas vivendas de protección autonómica rehabilitadas polo CCVV

  • O sorteo público ante notario de tres novas promocións celebrouse hoxe no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Vigo, ao que asistiron algunhas das persoas que participaban no mesmo.
  • Os adxudicatarios recibirán agora a notificación da resolución para, despois, participar no sorteo de asignación da vivenda concreta que lles tocou, tendo un prazo de 45 días para formalizar as súas hipotecas e rematar logo o proceso coa entrega de chaves.
  • As tres promocións sorteadas están situadas nas rúas: San Sebastián 8-12-14, Ferrería 11-13-15-17-San Sebastián 1-3-5-7 e Hortas 10-12, sendo o prezo da vivenda máis barata adxudicada de 77.139,08 euros máis o rocho e a máis cara de 193.158,11 euros.
  • O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) investiu máis de 2,2  millóns de euros na rehabilitación destes tres inmobles que hoxe se sortearon. 

Vigo, 02 de xullo de 2012.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo,María José Bravo Bosch, presidiu esta mañá o sorteo público ante notario de 18 novas vivendas de protección autonómica (VPA) rehabilitadas polo organismo, participado nun 90% polo Goberno galego e no 10% restante polo Concello de Vigo, e que levou a cabo o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

Responsables do IGVS iniciaron o sorteo ás 09:30 horas da mañá ante a presencia dalgunhas das persoas que participaban no mesmo e que estaban inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia. Así, foron adxudicadas outras 18 novas vivendas de protección autonómica ademais de coñecerse o listado de reserva dos posibles beneficiarios no caso de que os primeiros non formalicen en tempo as correspondentes hipotecas. En concreto, foron sorteadas as promocións de San Sebastián 8-12-14, Ferrería 11-13-15-17-San Sebastián 1-3-5-7 e Hortas 10-12.

Precisamente, a partires de agora, os 18 beneficiarios recibirán -procedente do CCVV- a comunicación formal coma adxudicatarios para, posteriormente, ser citados a unha reunión e a un novo sorteo de asignación da vivenda concreta que lles tocou. Os beneficiarios terán 45 días para formalizar as súas hipotecas e rematar logo o proceso coa entrega de chaves.

En declaracións aos medios, Bravo Bosch explicou que o informe cos beneficiarios publicarase ao longo do día de hoxe na páxina web do IGVS e do CCVV recordando ademais que nestes momentos 31 familias, das 34 vivendas adxudicadas en dúas fases pasadas polo CCVV, xa residen nos seus novos pisos co que pode dicirse que o cambio no barrio antigo xa é unha realidade. “Son xa preto de 50 novas familias as que contribúen a revitalización do Casco Vello”, dixo.

Bravo Bosch destacou o interese dos adxudicatarios e das persoas que participaron no proceso e que chegaron a ser un total de 110 persoas para poder acceder a elas e formar parte activa da recuperación do casco histórico. Comentou que nas tres promocións sorteadas hoxe participaban un total de 74 persoas.

Con este terceiro sorteo se fará realidade nos vindeiros meses a chegada dun total de 18 familias máis aos inmobles rehabilitados integramente polo CCVV, na zona histórica da cidade.

Características das 18 vivendas En total, hoxe adxudicáronse 18 vivendas, 9 delas de dous dormitorios, 7 dunha habitación e as 2 restantes de tres dormitorios. É a primeira vez que o CCVV saca ao mercado pisos con 3 habitacións. As superficies oscilan entre43,49 metros cadrados e os108,90 metros cadrados e os prezos rondan entre 77.139,08 euros máis rocho para a vivenda máis barata e os 193.158,11 euros, da máis cara.

As vivendas adxudicadas divídense en 3 promocións, que son as seguintes:

  • San Sebastián 8-10-12 (4 vivendas):

1 vivenda (1ºA) de43,49 metroscadrados cualificados cun dormitorio+salón comedor cociña+baño+lavadeiro+terraza+rocho. Prezo: 77.139,08 euros + 5.917,13euros do rocho.

1 vivenda (1ºB) de75,52 metroscadrados cualificados con dous dormitorios+salón comedor+cociña+baño+lavadeiro+terraza+rocho. Prezo: 133.951,33 euros +7.353,84 euros do rocho.

1 vivenda (2ºA) de43,49 metroscadrados cualificados cun dormitorio+salón comedor cociña+baño+lavadeiro+terraza+rocho. Prezo: 77.139,08 euros + 5.661,71 euros do rocho.

1 vivenda (2ºB) de73,67 metroscadrados cualificados con dous dormitorios+salón comedor+cociña+baño+lavadeiro+terraza+rocho. Prezo: 130.669,95 euros + 5.012,53 euros do rocho.

  • Cuarteirón Ferrería 11-13-15-17 – San Sebastián 1-3-5-7 (9 vivendas):

1 vivenda (planta baixa) de81,55 metroscadrados cualificados con dous dormitorios+salón comedor+cociña+baño+aseo+lavadeiro. Prezo: 144.64,87 euros.

1 vivenda (planta baixa B) de56,60 metroscadarados cualificados cun dormitorio+salón comedor cociña+lavadeiro. Prezo: 100.392,55 euros.

1 vivenda (planta baixa D) de59,43 metroscadrados cualificados cun dormitorio+salón+comedor cociña+baño+lavadeiro. Prezo: 105.412,18 euros.

1 vivenda (1ºA) de81,95 metroscadrados cualificados con dous dormitorios+salón comedor+cociña+baño+aseo+lavadeiro. Prezo: 145.356,35 euros.

1 vivenda (1ºB) de59,50 metroscadrados cualificados cun dormitorio+salón comedor cociña+baño+lavadeiro. Prezo: 105.536,34 euros.

1 vivenda (1ºC) de104,75 metroscadrados cualificados con tres dormitorios+salón+comedor cociña+baño+lavadeiro. Prezo: 185.797,17 euros.

1 vivenda (2ºA) de89,43 metroscualificados con dous dormitorios+salón comedor+baño+aseo. Prezo: 158.623,78 euros.

1 vivenda (2ºB) de61,40 metroscualificados cun dormitorio+salón comedor cociña+baño+lavadeiro. Prezo: 108,906,41 euros.

1 vivenda (2ºC) de108,90 metroscadrados cualificados con tres dormitorios+salón+comedor cociña+dous baños+lavadeiro. Prezo: 193.158,11 euros.

  • Hortas 10-12 (5 vivendas):

1 vivenda A de102,65 metroscadrados cualificados con dous dormitorios+salón comedor cociña+dous baños+rocho. Prezo: 182.072,36 euros + 8.513,86 euros do rocho.

1 vivenda B de107,89 metroscadrados cualificados con dous dormitorios+salón comedor cociña+dous baños comedor+cociña+baño+lavadeiro+rocho. Prezo: 191.366,65 euros + 6.747,23 euros do rocho.

1 vivenda C de66,67 metroscadrados cualificados cun dormitorio+salón comedor cociña+baño+lavadeiro+rocho. Prezo: 118.253,91 euros + 4.427,23 euros do rocho.

1 vivenda D de94,60 metroscadrados cualificados con dous dormitorios+salón comedor+cociña+2 baños+lavadeiro+rocho.  Prezo: 167.793,91 euros + 4.427, 21 euros do rocho.

1 vivenda E de69,25 metroscadrados cualificados don dous dormitorios+salón comedor cociña+baño+lavadeiro+rocho. Prezo: 122.830,11 euros + 4.267,57 euros do rocho.

 

Facebook